Biografías

Vivencias, recordos, curiosidades… son moitos eses momentos que merecen ser compartidos para que a vida e as lembranzas de calquera persoa non sexa pasto do esquecemento.

En O MEU LIBRO recollemos por escrito a túa biografía ou a dun ser querido para que ese documento permita dar a coñecer un pouco máis da vida e obra do seu protagonista perpetuando a súa memoria. Un recordo, un recoñecemento, un agasallo para os máis queridos, UNHA BIOGRAFÍA.

Danos a túa idea e crearemos un libro biográfico

Se sabes exactamente o que desexas transmitir coa túa biografía, coa dun ser querido, amigo, etc, e se tes claro o que mostrar, envíanos a documentación precisa, textos, fotografías, debuxos... así como as directrices que desexas seguir.

Se non o tes claro e precisas axuda, os nosos profesionais ocuparanse de darche as indicacións para que o libro biográfico quede o máis profesional posible.

Redactamos e deseñamos a biografía

Se queres facer un libro biográfico pero non sabes como, non tes máis que poñerte en contacto con O MEU LIBRO, nós encargarémonos de todo, da recopilación de datos, fotografías, da redacción dos textos, de deseñar e maquetar o libro, é dicir, de todo ata a entrega final dos exemplares no teu domicilio.

Non é necesario ter experiencia no mundo literario, nin de redacción, tan só se precisa a decisión de querer realizar un libro onde se poidan recoller os datos e vivencias desa persoa, a partir dese momento os profesionais de O MEU LIBRO encargaranse do resto ata o remate do traballo.

Aprezo, cariño, recoñecemento da vida..., unha biografía

Toda persoa ten un percorrido, unha infancia, un tempo mozo, unha familia, amigos, anécdotas, festas que recordar, partidos de fútbol do século... unha vida que contar.

Por iso, en O MEU LIBRO queremos abrir as portas do mundo literario a persoas do día a día, con vidas tan cautivadoras como o mellor dos relatos.

Nós ocupámonos de todo o proceso de creación da biografía, xuntos reviviremos os recordos que queres transmitir. Un arduo proceso de documentación que inclúe entrevistas, recompilación de fotografías, redacción e deseño editorial para reproducir de xeito fidedigno toda a realidade dunha vida.

Para enviar a túa obra, fai click aquí.

biografia palabras

 
Información

Se tes algunha dúbida, escríbenos utilizando o noso formulario de contacto e consúltanos sen compromiso.

 

 
Recomendacións

  • 1
  • 2
  • 3
Prev Next

Como editar un libro?

Con moito esforzo lograches terminar de escribir o teu primeiro libro. Como facer agora para dalo a coñecer? Cales son os pasos a seguir? Segue este camiño e asegurarate dunha...

Como editar unha tese?

Unha das fases máis importantes da vida é o momento en que te preparas para ir á universidade. Hai infinidade de formas para obter os coñecementos e referencias precisas para,...

Como escribir unha biografía de autor?

Tanto se es escritor como se te declaras amante da lectura, saberás o difícil que resulta escribir unha boa biografía. Por suposto hai moitos xeitos de redactar este manuscrito pero...