Empresarial
En ocasións, a vida dunha empresa chega a resultar tan interesante como a propia vida de quen a dirixe, unha idea orixinal creada por emprendedores que lograron converter en éxito unha particular visión do mercado.
Para contar aos teus clientes, traballadores, familiares ou amigos o xurdir da túa entidade ou ben para inspirar a novos visionarios, en O MEU LIBRO dispoñemos dunha gran variedade de formatos e propostas para que a túa vida como empresario, e a da túa empresa, non pasen inadvertidas e queden reflectidas en papel.
Realización de todo o proceso ata a entrega do libro
Os nosos servizos integrais permítennos ocuparnos de todo o proceso de creación do teu libro de empresa. Profesionais altamente cualificados cubrirán as tarefas relativas a entrevistas, documentación, redacción, fotografía… así como o deseño e maquetación para que o resultado final se converta en parte de ti.
Tan só tes que poñerte en contacto con nós, a partir dese momento, en O MEU LIBRO encargámonos de todo o proceso ata a entrega dos exemplares impresos na túa oficina.