Como editar unha tese?

Unha das fases máis importantes da vida é o momento en que te preparas para ir á universidade. Hai infinidade de formas para obter os coñecementos e referencias precisas para, finalmente, elaborar a túa temida tese ou ensaio persoal.

O ensaio persoal é unha técnica que utilizan os comités de selección para elixir aos candidatos máis axeitados para os programas ofrecidos. A miúdo é a redacción do mesmo o que diferenza un bo dun mal ensaio.

Sen embargo, non sempre é tan doado saber se escribiches unha boa ou mala tese. En ocasións, incluso é preciso empregar un editor profesional para buscar esas orientacións que permitan mellorala. Suxerindo cambios en oracións, palabras e incluso párrafos. Non importa o que fagas, este consello é fundamental para o éxito do teu ensaio.

Se non contas cos recursos precisos para contratar a un editor, hai algúns criterios que precisas ter en conta para cando te atopes no proceso de edición:

O primeiro é a ortografía. As palabras mal escritas ou o seu uso incorrecto pode dar unha impresión negativa ante o xurado encargado da selección. Non podes confiar só no corrector ortográfico do teu software, se non estás seguro deberás empregar un diccionario fiable para buscar o uso dos vocablos. Se non atopas unha resposta satisfactoria, contacta con algún maestro que esté disposto a axudarte, NUNCA presentes o teu documento sen revisión ortográfica.

A continuación, deberás asegurarte de que as construcións das túas frases son correctas con suxeito, verbo e obxecto. Se a oración carece dalgunha destas partes pode que supoña un erro que fomente unha mala impresión. Unha vez máis, non teñas medo de solicitar axuda na redacción.

Unha boa guía a ter en conta é que a primeira liña dun párrafo polo xeral introduce o tema ou a idea que será discutida no mesmo. Se atopas que un párrafo é demasiado longo ou que fluctúa dun tema a outro, é probable que non conte cunha correcta construción. Volve a lelo e ordena a información que tratas de transmitir. Poderás comprobar que estás comprimindo varias ideas ou pensamentos nun só espazo. Escribe os novos párrafos - incluso se son cortos - e asegúrate de que os teus pensamentos se expresan con claridade e de xeito conciso.

A impresión xeral que o teu ensaio debe transmitir é unha gran profesionalidade. Pretendes a mellor impresión posible ante os selectores, e por tanto, deberás editar o teu ensaio cunha estricta atención e detalle. Non teñas medo en poñer en relevo os teus puntos fortes, pero asegúrate de que cada párrafo reflicte esa enerxía con frases ben construídas e unha redacción correcta.

A solicitude dun posto na universidade é, probablemente, unha das experiencias máis difíciles das que te atoparás ao longo da túa vida. Tes moito en xogo e o teu futuro estará determinado por unha correcta redacción. Polo tanto, o documento deberá ser lido e relido polo menos cinco veces e despois solicitar a algún compañeiro que o revise para comprobar que o texto transmite correctamente a mensaxe que desexas comunicar.

Unha vez realizadas estas comprobacións, estarás seguro de que o teu ensaio é sólido e se atopa listo para ser presentado. O resto atoparase agora nas mans dos membros do xurado selector.

 
Información

Se tes algunha dúbida, escríbenos utilizando o noso formulario de contacto e consúltanos sen compromiso.

 

 
Recomendacións

  • 1
  • 2
  • 3
Prev Next

Como editar un libro?

Con moito esforzo lograches terminar de escribir o teu primeiro libro. Como facer agora para dalo a coñecer? Cales son os pasos a seguir? Segue este camiño e asegurarate dunha...

Como editar unha tese?

Unha das fases máis importantes da vida é o momento en que te preparas para ir á universidade. Hai infinidade de formas para obter os coñecementos e referencias precisas para,...

Como escribir unha biografía de autor?

Tanto se es escritor como se te declaras amante da lectura, saberás o difícil que resulta escribir unha boa biografía. Por suposto hai moitos xeitos de redactar este manuscrito pero...