Como editar un libro?

Con moito esforzo lograches terminar de escribir o teu primeiro libro. Como facer agora para dalo a coñecer? Cales son os pasos a seguir? Segue este camiño e asegurarate dunha edición satisfactoria. E pensa que, tal vez, o teu éxito estea comezando con esta publicación.

Rexistro: O primeiro que debes facer cando desexes editar o teu libro é rexistrar a túa obra no Rexistro de Propiedade Intelectual. Isto faise para evitar problemas de plaxio. En España, o trámite faise en calquera delegación do Ministerio de Cultura e ten un custo aproximado de 12 euros. Averigua cales son as condicións para rexistrar unha copia (cantos orixinais precisas, se hai que presentar a obra en papel ou tamén nalgún tipo de soporte electrónico, etc.) Recorda que, se non chegas a publicar a obra, o rexistro da mesma pode vencer e deberás renovalo.

Envío do teu manuscrito: O que debes facer a continuación é enviar os manuscritos a cantas editoriais che sexa posible, en particular a aquelas nas que se publican libros do xénero que escribiches.

Elixir editorial: Se unha editorial selecciona o teu libro e o considera factible de ser publicado terás que reunirte cun editor para axustar as opcións da edición. É posible que che propoñan unha serie de cambios que terán o obxectivo de converter o teu libro nun exemplar máis "vendible". En ti está aceptar ou rexeitar as condicións, pero ten en conta que, sendo un autor inédito non podes darte o luxo de poñerte moi pretencioso.

Outra posibilidade, se ningunha editorial te convoca, é pagar a túa propia edición. Existen diversas editoriais que viven non da venta de libros ao público lector, senón de publicar a escritores que se autoxestionan. Editan libros e despois danche os exemplares. O custe desta operación depende da cantidade de exemplares que imprimas, cantos máis edites, menos pagarás en proporción. O presuposto avalíase segundo o número de páxinas, a calidade do papel e a necesidade ou non de ilustracións, etc, e pode acordarse entre o autor e o editor.

Contrato: No caso de que a editorial e o autor cheguen a un acordo, a empresa debe proporcionarlle un contrato onde figuren todos os detalles das condicións do traballo pautadas. Inclúense as características técnicas do libro, os prazos de produción, as condicións de distribución, a forma de pago e as condicións legais.

Trámite do Depósito Legal e do ISBN: Estes números deben atoparse impresos na obra, polo tanto, deben ser solicitados con anterioridade á edición do libro. Este trámite é xestionado pola editorial que, pode cubrir os custes ou ben que éstes recaian no autor.

Edición do libro: A editorial envía ao autor unha proba de galera (mostra do deseño) das cubertas, da maqueta das páxinas, as correccións (de ortografía, de tipografía e/ou de estilo) que se realizaran ao manuscrito. O autor debe dar o visto bo das mesmas antes de que se proceda á impresión e á encadernación do libro.

 
Información

Se tes algunha dúbida, escríbenos utilizando o noso formulario de contacto e consúltanos sen compromiso.

 

 
Recomendacións

  • 1
  • 2
  • 3
Prev Next

Como editar un libro?

Con moito esforzo lograches terminar de escribir o teu primeiro libro. Como facer agora para dalo a coñecer? Cales son os pasos a seguir? Segue este camiño e asegurarate dunha...

Como editar unha tese?

Unha das fases máis importantes da vida é o momento en que te preparas para ir á universidade. Hai infinidade de formas para obter os coñecementos e referencias precisas para,...

Como escribir unha biografía de autor?

Tanto se es escritor como se te declaras amante da lectura, saberás o difícil que resulta escribir unha boa biografía. Por suposto hai moitos xeitos de redactar este manuscrito pero...